Planos Fotográficos

Ola! Hoxe vouvos mostrar os distintos tipos de planos fotográficos para que poidades mellorar as vosas fotografías e poder identificalos.

Un plano defínese pola cantidade do “obxecto” principal enmarcado na imaxe ou noutras palabras, a cantidade de área circundante que recolle o cadro.

Gran plano xeral, son os que dan maior ángulo de cobertura á escena. Dan importancia á escena en conxunto.

Gran plano xeral

Plano xeral, centrase nos individuos restando importancia ao entorno.

Plano xeral

Plano xeral conxunto, reduce o campo visual e encerra aos personaxes nunha zona máis restrinxida, de forma que pode ir individualizando cada obxecto ou suxeito de maneira máis precisa.

Plano xeral conxunto

Plano longo, a fotografía está limitada nos bordos superior e inferior pola cabeza e polos pes da figura humana.

Plano longo

Plano americano, o corte realizase á altura dos xeonllos. Ten a súa orixe nas películas do Oeste, xa que precisabase un plano medio para capturar ao suxeito desperdiciando o fondo pero pudendo ver o desenfunde do revólver.

Plano americano

Plano medio, plano intermedio por excelencia. Cortamos aos personaxes por encima da cintura.

Plano medio

Plano medio corto, é moito máis subxectivo e directo e as personaxes poden chegar a ocupar a pantalla cun terzo do seu corpo. Cortase á altura do busto e chega ata a altura da cabeza.

Plano medio corto
  • Primeiro plano, perfecto para retratar o rostro con profusión. Aumenta o detalle e minimiza o conxunto da escena. Recorrese a encadres verticais.
Primeiro plano

Primeirisimo primeiro plano, a cabeza ocupa aproximadamente a pantalla.

Primeirisimo primeiro plano

Plano detalle, é o plano máis cercano.

Plano detalle

Espero que vós guste,

Paula.

Fotografías feitas por: Tinho Pérez, Sr. Castillo, Skere, Tumai e Paula.