-
Primeiras probas
Primeiras probas coas cámaras. O obxectivo só ten unha lente biconvexa (a máis cutre que atopamos), por iso a imaxe vai perdendo moita definición do centro ás esquinas (f/8, papel Harman Direct Positive, prevelado, exposto a 1.5 ISO, revelado en Ilford Multigrade 1+9).
-
Naturezas mortas
Algunhas naturezas mortas que fixeramos coas nosas cámaras estenopeicas de cartón (f/144); negativos en papel Ilfospeed de grado 2, caducado e con moito velo, revelado en Eukobrom 1+9. Inversión e niveis en Photoshop: