Este proxecto naceu xa hai tempo, durante o curso 2018-2019. Nel participou o alumnado de Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato do antiguo IES Fermín Bouza Brey (na actualidade, CIFP Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra). Xuntos exploramos o nacemento da fotografía e o seu desenvolvemento, dende as tecnoloxías ópticas e químicas, ata a súa evolución posterior nos sistemas dixitais. Traballamos tanto os aspectos pioneiros (construcción de cámaras, fotografía química) como as posibilidades actuais do audiovisual e da publicación en Internet e Redes sociais. No timelapse baixo estas liñas, e de esquerda a dereita, o equipo ao completo: Juan Gonzalo, Andrés Alejandro, Alberto, Ángel, Miguel e Paula.